concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Descubre Bergondo » Descrición

Descrición

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

O concello coruñés de Bergondo está ubicado na marxe occidental da ría de Betanzos, no corazón do Golfo Ártabro, en plena comarca natural das Mariñas dos Condes. Pertence á Comarca da Coruña.

Ten unha superficie de 32,2 km2, cuhna poboación de pouco máis de 6.700 habitantes, distribuídos en 9 parroquias: Babío, Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois e Vixoi. Entre todas suman 72 entidades de poboación. A densidade de poboación é de 190,31 hab./km2.

Bergondo limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Pertence ó partido xudicial de Betanzos, e tradicionalmente formaba parte da súa comarca, pero as relacións económicas e funcionais vincúlanno á Área metropolitana da Coruña. Pódese decir que Bergondo é un dos concellos da provincia da Coruña mellor comunicados de Galicia. En Santa Marta de Babío posúe un enlace coa autoestrada A-9. Polo sur discorren a Autovía do noroeste (A6) e a estrada Nacional VI. As estradas LC-164, de Ferrol á Coruña, e a LC-161, de Betanzos a Sada, son outras dúas importantes vías de comunicación.

As características climatolóxicas son as xerais das Mariñas: clima oceánico húmido, con precipitacións relativamente abundantes (sobre os 1.000 mm. anuais). Os meses máis chuviosos son os de novembro e decembro, e os menos os de xullo e agosto. Unha peculiaridade do clima de Bergondo é a súa suavidade e pouca oscilación entre as temperaturas máximas e mínimas (medias de entre 16,7ºC no verán e 8,1ºC no inverno).

En canto ó relevo, predominan as formas topográficas suaves e de escasa altitude; esto débese á composición esquistosa e fácilmente alterable do terreo. As máximas alturas son inferiores ós 200 metros, sendo o punto máis alto o monte de Santa Marta de Babío (187 m.). A costa e baixa e areosa e hai un acentuado proceso de sedimentación derivado do transporte de materiais dos ríos Mendo e Mandeo.








Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal