concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

02 de Marzo, 2017

I Concurso de Fotografía Turística "93 destinos por descubrir", convocado pola Deputación Provincial da Coruña

 

No BOP, dende o día 24/02/2017 están dispoñibles as bases do I Concurso de Fotografía Turística "93 destinos por descubrir", convocado pola Deputación Provincial da Coruña, co obxectivo de fomentar e dar a coñecer a oferta e riqueza turística da provincia. Búscase reflectir os valores históricos, culturais, gastronómicos, etnográficos e paisaxísticos dos concellos, para que os potenciais turistas descubran lugares e recursos de cara a planificar a súa viaxe, no marco dos 93 municipios que forman parte da provincia da Coruña.

Poden participar no concurso abertamente todas as persoas físicas de calquera nacionalidade maiores de idade, que sexan posesores e autores de todos os dereitos sobre as imaxes presentadas.

Poderán presentarse fotografías que reflictan atractivos turísticos tales como praias, natureza, festas turísticas, patrimonio histórico, gastronomía, paisaxes, costumes e en xeral calquera aspecto que transmita a riqueza turística da provincia da Coruña ao longo dos seis xeodestinos e con seis fotos como máximo por participante.

Establécense os seguintes premios:

Primeiro premio: 3.000€

Segundo premio: 1.500€.

Terceiro premio: 500€.

O prazo de presentación rematará no prazo de 30 días hábiles (luns a venres), a contar dende ao día seguinte do da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal