concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

13 de Febreiro, 2017

Escola Infantil Municipal. Apertura prazo novos ingresos.

Poden solicitar praza de novo ingreso para o curso 2017/2018 na Escola Infantil Municipal de 0-3 anos do 1 ó 31 de marzo de 2017.

A documentación que deberán presentar (recollida no artigo 14 do Regulamento de funcionamento e organización que rexerá a prestación do Servizo da Escola Infantil Municipal de Bergondo):

"Os pais/nais/representantes legais do neno/a presentarán para o ingreso do seu fillo/a os seguintes documentos:

a. Documentación xeral

· Modelo de solicitude 

· Fotocopia cotexada do libro de familia

· Fotocopia simple do DNI do pais/nai/ representante legal.

· Volante de empadroamento do Concello de Bergondo que será tramitado e expedido polo Concello.

· Certificado de empresa, contrato laboral, ou última nómina que xustifique o posto de traballo no termo municipal de Bergondo.

· Volante de empadroamento doutros concellos se fose o caso.

b. Documentación que xustifica a situación socio-familiar

· Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio (válido achegar copia da demanda onde se recolla o selo de entrada da demanda no xulgado, sempre e cando á hora de formalizar a matrícula se presente na escola o convenio regulador).

· Certificado de convivencia que será tramitado polo Concello (en caso de familias monoparentais)

· En caso de ruptura de parella de feitos con fillos: fotocopia da sentencia sobre medidas paterno filiais onde se recollen as mesmas medidas que se ditan con fillos/as no caso de rupturas matrimoniais ou no seu defecto o convenio regulador.

· No caso de fillos/as non recoñecidos, a fotocopia do libro de familia será a proba de monoparentalidade.

· Para pais/nais de acollida fotocopia do documento que xustifique o acollemento do menor

· Fotocopia do certificado expedido polo equipo de valoración sobre o grado de minusvalía no caso de discapacidades dos membros da unidade familiar ou fotocopias dos informes médicos que xustifiquen enfermidades crónicas.

· Fotocopia do libro de familia numerosa

· Verificación da asistencia doutros irmáns no centro a través de informe da dirección da escola.

·  No caso  de  neno/as  con  minusvalideces  físicas,  psíquicas  e  sensoriais,  certificado  expedido  polo  organismo competente.

· Fotocopia da orde de protección ou da medida cautelar, ou tamén fotocopia da sentencia de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Diario oficial de Galicia nº 152, do 7 de agosto).

c. Documentación que xustifica a situación socio-económica e laboral da unidade familiar

· Fotocopia da última nómina ou no seu caso, certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de tódolos membros da unidade familiar.

· Informe de vida laboral actualizado.

·  As  persoas  que  presentaron declaración  do  imposto sobre  a renda  das  persoas físicas  deberán  presentar  copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen declaración do IRPF. En caso de declaracións individuais certificado de última declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.

· Persoas que non presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas:

- Os solicitantes da devolución rápida, presentarán copia da comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

-  As  persoas  non  obrigadas  a  declarar  e  que  non  solicitan  a  devolución  rápida  presentarán  certificación  dos  datos existentes na Administración Tributaria, que en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, de 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

· Fotocopia de certificados de pensións de membros da unidade familiar, etc.

· Os profesionais autónomos presentarán fotocopia das declaracións trimestrais de IVA e renda segundo corresponde do ano no que se efectúe a solicitude.

· Certificado de intereses e retencións bancarias.

· Fotocopia da declaración do imposto de patrimonio

· Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a custodia. En caso de que a custodia sexa compartida presentarase a renda dos dous pais.

d. Outros documentos, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuabeis no baremo.

e. Informe dos servizos sociais nos que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar."


Descargar abaixo en pdf:

- Impreso de solicitude.

- Anuncio apartura prazo.

- Regulamento de funcionamento e organización que rexerá a prestación do Servizo da Escola Infantil Municipal de Bergondo

Arquivos:
Solicitude_Escola_Infantil_Municipal_de_Bergondo_2017_2018.pdf

Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal