concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Noticia

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

« Volver al listado

10 de Febreiro, 2017

A FAEPAC asesora a presentación de reclamacións dos afectados polos cortes de subministración eléctrica

Fundación Axencia Enérxética Provincial da Coruña

 

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), ofrece a partir de hoxe un novo servizo de asesoramento na redacción e presentación de reclamacións para os afectados polos cortes de subministración eléctrica.

O forte temporal dos últimos días ocasionou cortes de luz en arredor de 50.000 fogares da provincia da Coruña, debido á caída de árbores e ramas sobre o tendido eléctrico que romperon postes e cables.

A través deste novo servizo de asesoramento, FAEPAC pon a disposición dos cidadáns e concellos afectados un equipo de técnicos que informarán, de maneira totalmente gratuíta, sobre como presentar reclamacións e en que casos a compañía eléctrica deberá facerse caso de problemas e prexuízos indemnizables.

As persoas interesadas xa poden contactar coa FAEPAC a través do correo electrónico senluz@faepac.org


Compensacións pola calidade da subministrración e polos danos ocasionados

Os especialistas da FAEPAC asesorarán sobre os pasos a seguir para a presentación das reclamacións en calquera das tres vías posibles: ante a distribuidora/comercializadora para solución do problema por vía amistosa, a través das oficinas de Consumo ou por vía xudicial.

Á hora de presentar unha reclamación deste tipo, diferenciarase por un lado o reflectido na lei vixente en relación á calidade da subministración de electricidade e, por outra banda, o dereito que ten o consumidor a recibir compensacións polos danos e inconvenientes ocasionados.

Neste senso, pódense solicitar indemnizacións se o número de horas ou de interrupcións sobrepasa os límites de calidade establecidos, que figuran a continuación:

ZONA URBANA:

- núm. horas: 5 

- núm. interrupcións: 10

ZONA SEMIURBANA:

- núm. horas: 9

- núm. interrupcións: 13

ZONA RURAL CONCENTRADA:

- núm. horas: 14

- núm. interrupcións: 16

ZONA RURAL DISPERSA:

- núm. horas: 19

- núm. interrupcións: 22

Así mesmo, os consumidores tamén teñen dereito a recibir compensacións polos danos e inconvenientes que os fallos na subministración puideran ocasionar, coma a perda de alimentos almacenados en conxeladores e frigoríficos ou danos irreversibles en aparatos electrónicos, coma televisores ou ordenadores.

En caso de discrepancia entre o distribuidor e o consumidor, ou, no seu caso o comercializador, resolverá o órgano competente da administración autonómica onde se localice a subministración.

 


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal