concello de BERGONDO - Xoia das Mari�as

Inicio » #Áreas e Servizos » Arquivo municipal

Arquivo municipal

A+ A- Impresora - Imprimir Correo - Enviar

O arquivo municipal de Bergondo está constituído polo conxunto organizado de documentos producidos e recibidos polo concello no exercicio das súas competencias.

O arquivo está en fase de inventariación dos seus fondos (aproximadamente o 50% está inventariado, e desta porcentaxe parte está catalogado).

Para este traballo tense como referencia as seguintes publicacións:

Archivos municipales: propuesta de cuadro de clasificación de fondos de ayuntamientos. Mesa de Trabajo sobre Organización de Archivos Municipales, Madrid, ANABAD [etc.], 1996.

Actas das XVIII Jornadas de Archivos Municipales de Madrid: "Pilares de la e-administración: Cuadro de Clasificación y Tesauro". SS de los Reyes, 27-28 de mayo de 2010.

 


O fondo documental abrangue documentos dende o ano 1836, ano da súa constitución, ata a actualidade. No apartado de "documentación dixitalizada" iranse publicando documentos na medida que sexa posible.

Os Libros de actas do Pleno municipal están dixitalizados (datas extremas: 1836-2010). Proximamente poderán ser consultados online a través da web Galiciana.


O arquivo municipal de Bergondo presta servizo tanto á xestión administrativa como á información, investigación e á cultura:

  Atención de consultas de forma presencial, por teléfono, fax, correo postal e electrónico.

 Asesoramento sobre a utilización dos fondos documentais.

 Consulta e/ou reproducción de documentos orixinais na oficina do arquivo, sempre que as circunstancias e lexislación vixente na materia o permitan.



Planta soto da Casa Consistorial

981 79 12 52, ext. 4

Arquivo

Dependencia orgánica: Presidencia


Cadro de clasificación do Arquivo municipal de Bergondo

Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia

Decreto 15/2016 de 14 de xaneiro. Consello de Avaliación Documental de Galicia

Arquivos de Galicia

Archivos (web estatal)

Anabad

Agencia Española de Protección de Datos


Concello de Bergondo - Estrada A Coruña, 12 15165 - Bergondo (A Coruña)
CIF P1500800F
Telf. 981 79 12 52 - Fax 981 79 42 33

Icono Accesibilidad AA - WAI Icono XHTML Icono CSS

Problemas técnicos?Aviso legal